Ponte na música
Blog da aula de música do CEIP "A Ponte" de Lugo
miércoles, 23 de junio de 2021
BAILE FIN DE CURSO
O alumnado de 6ºA de Educación Infantil, xunto coa súa profe IRE, fan un divertido baile para celebrar o fin de curso de este atípico ano de separacións e mascarillas
sábado, 15 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS 2021
Para celebrar o día das Letras Galegas 2021, as marabillosas voces do alumnado de Educación Infantil de 5 anos únense para cantar o HIMNO GALEGO.
A letra do Himno Galego é o poema titulado Os pinos escrito por Curros Enríquez e a música está composta por Pascual Veiga
Veiga
MAIO
OS MAIOS é unha festa popular galega para celebrar a chegada da primavera e o final do inverno, caracterizada por representar bailes e cantos ao redor dos maios, que son unhas estructuras recubertas de vexetais, flores, plantas, follas e froitas inspiradas en figuras de árbores pero que adoitan formas moi variadas.
As cancións que se cantan arredor dos maios son coplas criticando as situacións cotidianas, politicas ou tamén sociais.
O poema O Maio de Curros Enriquez é cantado por Luis Emilio Batallán e Pablo Milanés.
Pablo Quintana tamén canta a maio, canto tradicional de cego, incluído no seu disco "O cego andante"
lunes, 8 de marzo de 2021
DÍA DA MULLER 2021
Hoxe, 8 de marzo de 2021, polo DÍA DA MULLER escoitamos a Il Diluvi, grupo de reggae alicantino, que xunto coa nosa cantora SÉS fixeron este canto á muller, para lanzar unha campaña de reivindicación feminista.
Esta é a letra: Serás aquela que quixeches ser, serás a indómita muller, serás no ar un puño a arder e ti, só ti, a Terra ti farás tremer. Emancipada xa de calquera dor, vas sorrindo como aquela que non ten temor, sabes ben que mañá, sabes ben que mañá será mellor . Xa liberada en calquera lugar, non deixarás que ninguén te free máis, serás a luz que traerá, serás a luz que a liberdade traerá. Es a dura tormenta de abril, para os teus inimigos un edén hostil, es a dura tormenta de abril, o sol que rebenta a flor, para os inimigos un edén hostil, o lume na noite febril . Serás aquela que quixeches ser, serás a indómita muller , serás no ar un puño a arder , e ti, só ti , a Terra ti farás tremer.
jueves, 25 de febrero de 2021
MÁIS MÚSICA POLO DÍA DE ROSALÍA
O grupo catalán EVOÉH é un grupo de creación, interpretación e divulagación da música e a poesía da península ibérica, sempre a través dunha visión singular e orixinal, neste caso no seu álbum ÁRBORE DA VIDA versionan poesías de Rosalía de Castro, da súa obra Cantares Gallegos, en concreto: Campanas de Bastabales, Negra Sombra, Ora, meu meniño, Meu amor, meu amoriño, Alborada,As pedriñas choran e Dille que sospiro. Neste día 24 de febreiro de 2021, día de Rosalía de Castro, esperamos que disfrutedes con estas versións cheas de emoción e máxia.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Música e poesía polo día de Rosalía de Castro. Poemas de Rosalía de Castro musicados e cantados por artístas de distintos estilos.
Para empezar música para os máis pequeniños e pequeniñas con Uxía Senlle e Rosalía pequeniña, despois Amancio Prada, Rosa Cedrón e algún máis para deleitarnos coa beleza dos seus poemas e da música.
domingo, 14 de febrero de 2021
ENTROIDO 2021
NON PARE A FESTA é o titulo do libro escrito e ilustrado por Ramón D. Veiga e David Sierra no que está baseado esta alegre e entroideira canción e que fai un percorrido por distintos personaxes do Entroido galego.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)