miércoles, 23 de junio de 2021

BAILE FIN DE CURSO

O alumnado de 6ºA de Educación Infantil, xunto coa súa profe IRE, fan un divertido baile para celebrar o fin de curso de este atípico ano de separacións e mascarillas

sábado, 15 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

Para celebrar o día das Letras Galegas 2021, as marabillosas voces do alumnado de Educación Infantil de 5 anos únense para cantar o HIMNO GALEGO. A letra do Himno Galego é o poema titulado Os pinos escrito por Curros Enríquez e a música está composta por Pascual Veiga

Veiga

MAIO

OS MAIOS é unha festa popular galega para celebrar a chegada da primavera e o final do inverno, caracterizada por representar bailes e cantos ao redor dos maios, que son unhas estructuras recubertas de vexetais, flores,  plantas, follas e froitas inspiradas en figuras de árbores pero que adoitan formas moi variadas. As cancións que se cantan arredor dos maios son coplas criticando as situacións cotidianas, politicas ou tamén sociais.
O poema O Maio de Curros Enriquez é cantado por Luis Emilio Batallán e Pablo Milanés.
Pablo Quintana tamén canta a maio, canto tradicional de cego, incluído no seu disco "O cego andante"
 

lunes, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER 2021

Hoxe, 8 de marzo de 2021, polo DÍA DA MULLER escoitamos a Il Diluvi, grupo de reggae alicantino, que xunto coa nosa cantora SÉS fixeron este canto á muller, para lanzar unha campaña de reivindicación feminista.

 

Esta é a letra: Serás aquela que quixeches ser, serás a indómita muller, serás no ar un puño a arder e ti, só ti, a Terra ti farás tremer. Emancipada xa de calquera dor, vas sorrindo como aquela que non ten temor, sabes ben que mañá, sabes ben que mañá será mellor . Xa liberada en calquera lugar, non deixarás que ninguén te free máis, serás a luz que traerá, serás a luz que a liberdade traerá. Es a dura tormenta de abril, para os teus inimigos un edén hostil, es a dura tormenta de abril, o sol que rebenta a flor, para os inimigos un edén hostil, o lume na noite febril . Serás aquela que quixeches ser, serás a indómita muller , serás no ar un puño a arder , e ti, só ti , a Terra ti farás tremer.

jueves, 25 de febrero de 2021

MÁIS MÚSICA POLO DÍA DE ROSALÍA

O grupo catalán EVOÉH é un grupo de creación, interpretación e divulagación da música e a poesía da península ibérica, sempre a través dunha visión singular e orixinal, neste caso no seu álbum ÁRBORE DA VIDA versionan poesías de Rosalía de Castro, da súa obra Cantares Gallegos, en concreto: Campanas de Bastabales, Negra Sombra, Ora, meu meniño, Meu amor, meu amoriño, Alborada,As pedriñas choran e Dille que sospiro. Neste día 24 de febreiro de 2021, día de Rosalía de Castro, esperamos que disfrutedes con estas versións cheas de emoción e máxia.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Música e poesía polo día de Rosalía de Castro. Poemas de Rosalía de Castro musicados e cantados por artístas de distintos estilos. Para empezar música para os máis pequeniños e pequeniñas con Uxía Senlle e Rosalía pequeniña, despois Amancio Prada, Rosa Cedrón e algún máis para deleitarnos coa beleza dos seus poemas e da música.

domingo, 14 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 NON PARE  A FESTA é o titulo do libro escrito e ilustrado por Ramón D. Veiga e David Sierra no que está baseado esta alegre e entroideira canción e que fai un percorrido por distintos personaxes do Entroido galego.

sábado, 13 de febrero de 2021

MUSICA QUE NAMORA

Tanxugueiras é un grupo de tres pandereteiras e cantareiras que mezclan a música tradicional galega con bases electrónicas. Nesta bonita peza O QUERER empastan de xeito espléndido as súas voces que xunto coas súas pandeiretas consiguen un son característico e moi personal que se basea nas súas raices adornada de modernidade.

sábado, 30 de enero de 2021

MÚSICA POLO DÍA DA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro de 2021, celebramos o día da paz, recordando con música a necesidade de fomentar a educación por e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violenica e a paz. Seleccionamos cancións de Ses, Antonio Flores, John Lennon e Bob Dylan.

 A PAZ ESQUIVA de Ses (María José Silvar)proxecta toda a súa enerxía en esta canción tan especial que é un canto de paz ademais de defender en todas as súas cancións a cultura, a música e a lingua galegas así como reivindica, sempre, a dignidade da muller.  

 NO DUDARÍA de Antonio Flores. É un canto ao arrepentimento e á non violencia IMAGINE de John Lennon. O seu autor xunto con Yoco Ono, a súa muller, defendeu un mundo sen fronteiras, un mundo sen relixións, sen guerras e sen posesións materiais. BLOWING IN THE WIND de Bob Dylan. O autor plantexa unha serie de preguntas. Canto tempo falta para que nos demos conta das inxustizas do mundo e reaccionemos ante elas?

viernes, 25 de diciembre de 2020

A GAITA DE SERGIO

Sergio, de 5ºA, toca a gaita, instrumento aerófono de madeira, símbolo da musica tradicional galega

miércoles, 2 de diciembre de 2020

A GAITA

Tomé e Victor falan sobre a gaita. Victor, o pai de Tomé, alumno de 5º B, concede ao seu fillo unha interesante entrevista onde fala sobre a importancia de valorar a nosa música, explicando como empezou a tocar a gaita, como se toca e as súas partes, para rematar tocando unha peza titualda "Aires de Pontevedra" de Ricardo Portela.

viernes, 20 de noviembre de 2020

PAN DE MILLO

Os nenos e nenas de 1º de primaria cantan e amasan. Pan de millo é unha bonita canción do grupo musical "Migallas"que nos indica o proceso de elaboración do pan de millo.

miércoles, 28 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020

Escoita e canta estas divertidas cancións para recordar O SAMAÍN que se celebra durante a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, despois, inspírate nas imaxes que aparecen nos vídeos e fai un debuxo terrorífico con cabazas, bruxas, zombis, arañas, monstros... que medooo!!!

domingo, 31 de mayo de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS 4º. XUÑO

Ola, mozos e mozas! Moito ánimo! As actividades para este mes de xuño son de respaso, para que practiquedes un pouco a frauta e non olvidedes as partituras que aprendimos os dous primeiros trimestres, tamén para aprender algunha cousa nova, pero de forma diferente, a través de vídeos e de actividades interactivas, sempre de xeito divertido. Ao final desta entrada, despois dos vídeos, vai unha proposta de plástica.
PROPOSTA DE PLÁSTICA: Agora toca inventar, tes que inventar un animal fantástico, pensa que características de cada animal collerías para facer un animal inventado, imaxinado, ao que lle tes que poñer un nome. Ánimo! é unha actividade moi divertida, se queres tamén o podes facer con recortes de revistas, como prefiras.

jueves, 28 de mayo de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS 3º.XUÑO

Ola, mozos e mozas! Moito ánimo!Aquí temos novas actividades para seguir repasando cousas que xa sabemos, intentamos tocar a frauta, as tres notas que xa coñecemos e ensaiar unha nova canción máis, repasamos notas, figuras, a escala musical e cancións, moitas cancións para divertirse cantando, aprender e disfrutar. Ao final, despois dos vídeos, vai unha proposta de plástica  


  Nova proposta de plástica. Agora toca inventar, tes que inventar un animal fantástico, pensa que características de cada animal collerías para facer un animal inventado, imaxinado e ao que lle tes que poñer un nome. Ánimo! é unha actividade moi divertida, se queres tamén o podes facer con recortes de revistas, como prefiras.