viernes, 24 de febrero de 2017

ROSALÍA DE CASTRO

Amancio Prada canta a Rosalía de Castro, disco esencial da música galega. Recordamos este precioso poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes" musicado e cantado por Amancio Prada, neste 24 de febreiro, día de Rosalía e no que tamén se celebra os 180 anos do nacemento da nosa poeta máis universal.


 

sábado, 4 de febrero de 2017

MÉTODO KODÀLY

Zoltan Kodàly, músico húngaro de finais de século XIX, tratou de levar aos nenos e nenas o floklore musical e o canto coral, como método de aprendizaxe. Creou unha simboloxía coas mans que asociou a cada unha das notas musicais, a fononimia Kodàly.


jueves, 19 de enero de 2017

A GAITA

A gaita galega, instrumento propio da música tradicional galega. Estudiamos as súas partes: soprete, punteiro, fol, roncón, ronqueta e ronquillo. Pablo Pampín que estudia gaita, explicanos as súas partes e fainos unha pequena demostración, tocando unha polca.


jueves, 24 de noviembre de 2016

MÚSICA POLO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Música polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, "Salir Corriendo" de Amaral é unha canción en contra da violencia que aborda a problemática dos malos tratos. No seu retrouso insiste na necesidade de denunciar ao maltratador e afastarse da triste realidade "Tedes que gritar e saír correndo"

jueves, 20 de octubre de 2016

EMPEZAMOS COA FRAUTA

O alumnado de 4º tocando as novas partituras, xa de memoria. Son todos expertos fraustistas que disfrutan tocando e cantando