miércoles, 31 de enero de 2018
jueves, 25 de enero de 2018
IMAGINE DE JOHN LENNON
Música polo día da paz. Eva, Noa e Lucía interpretan coas frautas Imagine de John Lennon
lunes, 25 de diciembre de 2017
viernes, 15 de diciembre de 2017
miércoles, 1 de noviembre de 2017
DANZA MACABRA DE CAMILLE SAINT-SAÉNS
Que mellor momento para escoitar a Danza Macabra de Camille Saint-Saëns que o Samaín.
A Danza Macabra é un poema sinfónico composto por Camille Saint-Saëns, director de orquestra, organista e pianista francés.
Un poema sinfónico é unha peza de música orquestral baseada nun "programa", é dicir nun escrito que se dá ao público antes de escoitar a obra.
A Danza Macabra é unha das composicións máis populares do autor, a obra estrenouse en Paris en 1875, describe á morte tocando o violín á medianoite. Os esqueletos bailan ao redor das tumbas. Ao mencer co canto do galo os mortos volven ás súas tumbas.
A danza Macabra é interpretada por un violín concertino, acompañado por unha orquetra cuxa sección de vento está composta por un frautín, dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, catro trompas, dúas trompetas, tres trombóns e unha tuba. A sección de percusión inclúe timbal, xilófono, bombo, pratos, e triángulo. Na sección de corda hai violíns, violas e un arpa.
miércoles, 25 de octubre de 2017
viernes, 7 de julio de 2017
BIM BAM XOGO DE PALMAS
Bim Bam é un xogo de palmas para que aprendades durante o verán e disfrutedes cantando e palmeando cos vosos amigos, irmáns ou familiares.
o primeiro video para maiores e o segundo para os máis pequeniños
Felices vacacións!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)