Para celebrar o día das Letras Galegas 2021, as marabillosas voces do alumnado de Educación Infantil de 5 anos únense para cantar o HIMNO GALEGO.
A letra do Himno Galego é o poema titulado Os pinos escrito por Curros Enríquez e a música está composta por Pascual Veiga
OS MAIOS é unha festa popular galega para celebrar a chegada da primavera e o final do inverno, caracterizada por representar bailes e cantos ao redor dos maios, que son unhas estructuras recubertas de vexetais, flores, plantas, follas e froitas inspiradas en figuras de árbores pero que adoitan formas moi variadas.
As cancións que se cantan arredor dos maios son coplas criticando as situacións cotidianas, politicas ou tamén sociais.
O poema O Maio de Curros Enriquez é cantado por Luis Emilio Batallán e Pablo Milanés.
Pablo Quintana tamén canta a maio, canto tradicional de cego, incluído no seu disco "O cego andante"
Hoxe, 8 de marzo de 2021, polo DÍA DA MULLER escoitamos a Il Diluvi, grupo de reggae alicantino, que xunto coa nosa cantora SÉS fixeron este canto á muller, para lanzar unha campaña de reivindicación feminista.
Esta é a letra:
Serás aquela que quixeches ser,
serás a indómita muller,
serás no ar un puño a arder e ti,
só ti,
a Terra ti farás tremer.
Emancipada xa de calquera dor,
vas sorrindo como aquela que non ten temor,
sabes ben que mañá,
sabes ben que mañá será mellor .
Xa liberada en calquera lugar,
non deixarás que ninguén te free máis,
serás a luz que traerá,
serás a luz que a liberdade traerá.
Es a dura tormenta de abril,
para os teus inimigos un edén hostil,
es a dura tormenta de abril,
o sol que rebenta a flor,
para os inimigos un edén hostil,
o lume na noite febril .
Serás aquela que quixeches ser,
serás a indómita muller ,
serás no ar un puño a arder ,
e ti, só ti ,
a Terra ti farás tremer.
O grupo catalán EVOÉH é un grupo de creación, interpretación e divulagación da música e a poesía da península ibérica, sempre a través dunha visión singular e orixinal, neste caso no seu álbum ÁRBORE DA VIDA versionan poesías de Rosalía de Castro, da súa obra Cantares Gallegos, en concreto: Campanas de Bastabales, Negra Sombra, Ora, meu meniño, Meu amor, meu amoriño, Alborada,As pedriñas choran e Dille que sospiro. Neste día 24 de febreiro de 2021, día de Rosalía de Castro, esperamos que disfrutedes con estas versións cheas de emoción e máxia.
Música e poesía polo día de Rosalía de Castro. Poemas de Rosalía de Castro musicados e cantados por artístas de distintos estilos.
Para empezar música para os máis pequeniños e pequeniñas con Uxía Senlle e Rosalía pequeniña, despois Amancio Prada, Rosa Cedrón e algún máis para deleitarnos coa beleza dos seus poemas e da música.
NON PARE A FESTA é o titulo do libro escrito e ilustrado por Ramón D. Veiga e David Sierra no que está baseado esta alegre e entroideira canción e que fai un percorrido por distintos personaxes do Entroido galego.
Tanxugueiras é un grupo de tres pandereteiras e cantareiras que mezclan a música tradicional galega con bases electrónicas. Nesta bonita peza O QUERER empastan de xeito espléndido as súas voces que xunto coas súas pandeiretas consiguen un son característico e moi personal que se basea nas súas raices adornada de modernidade.