lunes, 21 de diciembre de 2015

PANXOLIÑA



Os nenos e nenas de 6º interpretan coas frautas JINGLE BELLS
Jingle Bells, é unha das cancións tradicionais de inverno máis coñecidas e cantadas en todo o mundo.
Foi escrita entre 1850 e 1857 polo compositor estadounidense James Pierpont



miércoles, 25 de noviembre de 2015

CANTAR DELAS

Máis voces de mulleres, nesta ocasión "CANTAR DELAS"´en este caso de Lugo. Grupo de mulleres que cantan unha canción francesa "Ô nuit", música de Jean Philippe Rameau, texto de E. Sciortino e arranxos de F. Bigotti e dirección de Fernando G. Jácome.



TEÑO SAUDADE


Outro grupo vocal de mulleres, con base tamén na Coruña "ENTRELAS" interpreta unha bonita versión coral da canción de Andrés do Barro "Teño saudade" con arronxos da súa directora: Ileana
Delgado.


NEGRA SOMBRA


SISTERS IN THE HOUSE, é un grupo coral integrado exclusivamente por mulleres con base en Coruña, forman un coro con raíces na música gospel. Escoita "Negra sombra" da poetisa Rosalia de Castro e interpretada por elas




viernes, 9 de octubre de 2015

CONCERTO BUCÓLICO

 O martes, día 6 de outubro, estivo no noso centro, SIMÓN PIÑÓN, co seu espectáculo de música e teatro "CONCERTO BUCÓLICO", proxecto no que presenta a música tradional galega como unha experimentación na que combina sons, melodías e poemas de xeito didáctico . O alumnado familiarizase con instrumentos populares galegos, cantares de cego e diversas formas de recollida, acercandonos de forma directa  á nosa música e ás nosas tradicións