jueves, 25 de febrero de 2021

MÁIS MÚSICA POLO DÍA DE ROSALÍA

O grupo catalán EVOÉH é un grupo de creación, interpretación e divulagación da música e a poesía da península ibérica, sempre a través dunha visión singular e orixinal, neste caso no seu álbum ÁRBORE DA VIDA versionan poesías de Rosalía de Castro, da súa obra Cantares Gallegos, en concreto: Campanas de Bastabales, Negra Sombra, Ora, meu meniño, Meu amor, meu amoriño, Alborada,As pedriñas choran e Dille que sospiro. Neste día 24 de febreiro de 2021, día de Rosalía de Castro, esperamos que disfrutedes con estas versións cheas de emoción e máxia.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Música e poesía polo día de Rosalía de Castro. Poemas de Rosalía de Castro musicados e cantados por artístas de distintos estilos. Para empezar música para os máis pequeniños e pequeniñas con Uxía Senlle e Rosalía pequeniña, despois Amancio Prada, Rosa Cedrón e algún máis para deleitarnos coa beleza dos seus poemas e da música.

domingo, 14 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 NON PARE  A FESTA é o titulo do libro escrito e ilustrado por Ramón D. Veiga e David Sierra no que está baseado esta alegre e entroideira canción e que fai un percorrido por distintos personaxes do Entroido galego.

sábado, 13 de febrero de 2021

MUSICA QUE NAMORA

Tanxugueiras é un grupo de tres pandereteiras e cantareiras que mezclan a música tradicional galega con bases electrónicas. Nesta bonita peza O QUERER empastan de xeito espléndido as súas voces que xunto coas súas pandeiretas consiguen un son característico e moi personal que se basea nas súas raices adornada de modernidade.