jueves, 15 de marzo de 2018

A MULLER NA HISTORIA DA MÚSICA

A música clásica foi un campo exclusivo de homes ao longo da historia, por este motivo non hai información sobre as mulleres compositoras. Un olvido premeditado que coincide coa desvalorización da muller no social, no político, no relixioso e no artístico.
Grazas a estudos recentes, conseguiuse rescatar do silencio figuras femininas representativas do mundo musical que foron excluídas deliberadamente dos libros de historia e das que non se falou ata ben entrado o século XX.
Algunhas delas foron:
MARÍA ANNA MOZART (1751-1829) coñecida como Nanneri, irmá de Mozart, que sufriu a desvalorización do seu pai, o cal consideraba que ningunha muller era capaz de compoñer e profundizar nos segredos do Contrapunto e da Armonía.
MARÍA TERESA VON PARADIS (1759-1824)
FANNY MENDELSSOHN (1805-1847)
CLARA SCHUMAN (1819-1896)
ALMA MALHER (1879-1964)  E moitas máis
Todas elas familiares de grandes figuras da música, viron como algunhas das súas obras foron firmadas por eles, ocultando así a autoría das súas composicións.