domingo, 18 de junio de 2017

O BOMBARDINO

Samuel Fernández Vázquez está aprendendo a tocar o bombardino e o trouxo á clase para amosar aos seus compañeiros e compañeiras o seu agardable son, as partes do instrumento e como hai que facer para que soe. O BOMBARDINO é un instruemnto da familia do vento metal, tamén se chama eufonio que significa "son agradable" ou "voz doce". O son prodúcese pola vibración dos beizos do interprete na embocadura do instrumento a partires da columna do ar.