sábado, 30 de enero de 2021

MÚSICA POLO DÍA DA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro de 2021, celebramos o día da paz, recordando con música a necesidade de fomentar a educación por e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violenica e a paz. Seleccionamos cancións de Ses, Antonio Flores, John Lennon e Bob Dylan.

 A PAZ ESQUIVA de Ses (María José Silvar)proxecta toda a súa enerxía en esta canción tan especial que é un canto de paz ademais de defender en todas as súas cancións a cultura, a música e a lingua galegas así como reivindica, sempre, a dignidade da muller.  

 NO DUDARÍA de Antonio Flores. É un canto ao arrepentimento e á non violencia IMAGINE de John Lennon. O seu autor xunto con Yoco Ono, a súa muller, defendeu un mundo sen fronteiras, un mundo sen relixións, sen guerras e sen posesións materiais. BLOWING IN THE WIND de Bob Dylan. O autor plantexa unha serie de preguntas. Canto tempo falta para que nos demos conta das inxustizas do mundo e reaccionemos ante elas?