miércoles, 1 de noviembre de 2017

DANZA MACABRA DE CAMILLE SAINT-SAÉNS

Que mellor momento para escoitar a Danza Macabra de  Camille Saint-Saëns que o Samaín.
A Danza Macabra é un poema sinfónico composto por Camille Saint-Saëns, director de orquestra, organista e pianista francés.
Un poema sinfónico é unha peza de música orquestral baseada nun "programa", é dicir nun escrito que se dá ao público antes de escoitar a obra. A Danza Macabra é unha das composicións máis populares do autor, a obra estrenouse en Paris en 1875, describe á morte tocando o violín á medianoite. Os esqueletos bailan ao redor das tumbas. Ao mencer co canto do galo os mortos volven ás súas tumbas.
A danza Macabra é interpretada por un violín concertino, acompañado por unha orquetra cuxa sección de vento está composta por un frautín, dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, catro trompas, dúas trompetas, tres trombóns e unha tuba. A sección de percusión inclúe timbal, xilófono, bombo, pratos, e triángulo. Na sección de corda hai violíns, violas e un arpa.

viernes, 7 de julio de 2017

BIM BAM XOGO DE PALMAS

Bim Bam é un xogo de palmas para que aprendades durante o verán e disfrutedes cantando e palmeando cos vosos amigos, irmáns ou familiares. o primeiro video para maiores e o segundo para os máis pequeniños Felices vacacións!!!

domingo, 18 de junio de 2017

O BOMBARDINO

Samuel Fernández Vázquez está aprendendo a tocar o bombardino e o trouxo á clase para amosar aos seus compañeiros e compañeiras o seu agardable son, as partes do instrumento e como hai que facer para que soe. O BOMBARDINO é un instruemnto da familia do vento metal, tamén se chama eufonio que significa "son agradable" ou "voz doce". O son prodúcese pola vibración dos beizos do interprete na embocadura do instrumento a partires da columna do ar.







miércoles, 17 de mayo de 2017

jueves, 11 de mayo de 2017

APRENDENDO A TOCAR A FRAUTA CONTRALTO

Edgar aprende a tocar a frauta contralto e fai os seus pinitos tocando unha muiñeira



FRAUTA CONTRALTO

A frauta contralto é chamada tamén frauta dulce alto, caracterízase por ser moito máis baixa  e moito máis complexa que a soprano en canto á súa manipulación na dixitación













viernes, 24 de febrero de 2017

ROSALÍA DE CASTRO

Amancio Prada canta a Rosalía de Castro, disco esencial da música galega. Recordamos este precioso poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes" musicado e cantado por Amancio Prada, neste 24 de febreiro, día de Rosalía e no que tamén se celebra os 180 anos do nacemento da nosa poeta máis universal.


 

sábado, 4 de febrero de 2017

MÉTODO KODÀLY

Zoltan Kodàly, músico húngaro de finais de século XIX, tratou de levar aos nenos e nenas o floklore musical e o canto coral, como método de aprendizaxe. Creou unha simboloxía coas mans que asociou a cada unha das notas musicais, a fononimia Kodàly.


jueves, 19 de enero de 2017

A GAITA

A gaita galega, instrumento propio da música tradicional galega. Estudiamos as súas partes: soprete, punteiro, fol, roncón, ronqueta e ronquillo. Pablo Pampín que estudia gaita, explicanos as súas partes e fainos unha pequena demostración, tocando unha polca.