domingo, 31 de mayo de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS 4º. XUÑO

Ola, mozos e mozas! Moito ánimo! As actividades para este mes de xuño son de respaso, para que practiquedes un pouco a frauta e non olvidedes as partituras que aprendimos os dous primeiros trimestres, tamén para aprender algunha cousa nova, pero de forma diferente, a través de vídeos e de actividades interactivas, sempre de xeito divertido. Ao final desta entrada, despois dos vídeos, vai unha proposta de plástica.
PROPOSTA DE PLÁSTICA: Agora toca inventar, tes que inventar un animal fantástico, pensa que características de cada animal collerías para facer un animal inventado, imaxinado, ao que lle tes que poñer un nome. Ánimo! é unha actividade moi divertida, se queres tamén o podes facer con recortes de revistas, como prefiras.

jueves, 28 de mayo de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS 3º.XUÑO

Ola, mozos e mozas! Moito ánimo!Aquí temos novas actividades para seguir repasando cousas que xa sabemos, intentamos tocar a frauta, as tres notas que xa coñecemos e ensaiar unha nova canción máis, repasamos notas, figuras, a escala musical e cancións, moitas cancións para divertirse cantando, aprender e disfrutar. Ao final, despois dos vídeos, vai unha proposta de plástica  


  Nova proposta de plástica. Agora toca inventar, tes que inventar un animal fantástico, pensa que características de cada animal collerías para facer un animal inventado, imaxinado e ao que lle tes que poñer un nome. Ánimo! é unha actividade moi divertida, se queres tamén o podes facer con recortes de revistas, como prefiras.

viernes, 22 de mayo de 2020

miércoles, 20 de mayo de 2020

CARMIÑA CARMELA

Para celebrar as Letras Galegas, Gael de 4º canta e toca unha canción popular da nosa terra: Carmiña Carmela.

domingo, 17 de mayo de 2020

PREGUNTOIRO MUSICAL DE CARVALHO CALERO

Hoxe é 17 de maio de 2020, día das Letras Galegas, como xa sabedes, é Carvahlo Calero o homenaxeado. Aquí tedes un preguntoiro músical sobre a súa vida e a súa obra para aprender cantando e divertíndonos .

jueves, 7 de mayo de 2020

OS MAIOS

ACTIVIDADES MUSICAIS 4º. MES DE MAIO

Ola, mozos e mozas! Ánimo que xa queda menos para que todo se normalice, mentras tanto imos facendo actividades musicais para repasar, aprender e disfrutar cantando, bailando e tocando. Empezamos o mes de maio aprendendo cancions da nosa terra, cancións populares que debemos coñecer e ter sempre presentes no noso repertorio. Hay vídeos para recordar as figuras, as notas, tocar con percusión corporal, bailar e tamén para tocar a frauta, para que  toquedes as cancións que xa sabemos e algunha máis que intentaremos aprender. Na parte da abaixo, despois dos vídeos, estará unha proposta de plástica

A proposta de plástica é a seguinte: toca facer un retrato, pero...de un animal de compañía que teñades na casa: un can, un gato, un peixe, unha galiña, unha cabra...o que teñades máis preto, se non tedes, o do veciño, de unha amiga...Colledes un lapis e un papel e o debuxades, logo hai que pintalo para que quede ben chulo e despois lle facemos un marco con lentellas, pegamos lentellas ao redor do folio para que o cadro quede ben bonito.

ACTIVIDADES MUSICAIS 3º. MES DE MAIO

Ola, mozos e mozas! Xa falta menos para que todo se normalice, mentras tanto, imos facer algunhas actividades musicais dende a casa. Este mes de maio temos cancións galegas para aprender, imos coñecer algunhas das cancións típicas da nosa terra que deberán estar sempre no noso repertorio: "Carmiña, Carmela". "A saia da Carolina", "Arroz con chícharos"... e seguro que coñecedes máis de oír cantar aos vosos avós e avoas. Tamén recordamos un poco as notas, as figuras, o ritmo e a frauta. Para seguir practicando coa frauta está o  vídeo coas notas que aprendimos (si, la, sol) para repasar e outro con unha canción, a ver se sodes capaces de intentalo. Que disfrutedes!
 Ao final da páxina van propostas para plástica <iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/_Yr_S2RFa84" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>
A proposta de plástica en esta ocasión consiste en que fagades un retrato. Escolledes a alguén da casa, lle pedides que pose un ratiño para que o podades debuxar. Observade ben todos os detalles. Collede un lapis e un folio e a debuxar. Cando o teñades rematado o pintades e logo pedídeslle a mamá ou a papá unhas poucas de lentellas e facédeslle un marco con elas, ides pegando unha a unha ata rematar o borde do folio para que quede nun bonito cadro.

miércoles, 6 de mayo de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA 1º e 2º MAIO

Como estades? Ánimo que xa falta menos para que se solucione todo. Aquí tedes actividades musicais para facer na casa, en compañía dos vosos irmáns ou da vosa familia, canta, baila, toca, aprende, disfruta.