jueves, 7 de mayo de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS 3º. MES DE MAIO

Ola, mozos e mozas! Xa falta menos para que todo se normalice, mentras tanto, imos facer algunhas actividades musicais dende a casa. Este mes de maio temos cancións galegas para aprender, imos coñecer algunhas das cancións típicas da nosa terra que deberán estar sempre no noso repertorio: "Carmiña, Carmela". "A saia da Carolina", "Arroz con chícharos"... e seguro que coñecedes máis de oír cantar aos vosos avós e avoas. Tamén recordamos un poco as notas, as figuras, o ritmo e a frauta. Para seguir practicando coa frauta está o  vídeo coas notas que aprendimos (si, la, sol) para repasar e outro con unha canción, a ver se sodes capaces de intentalo. Que disfrutedes!
 Ao final da páxina van propostas para plástica <iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/_Yr_S2RFa84" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>
A proposta de plástica en esta ocasión consiste en que fagades un retrato. Escolledes a alguén da casa, lle pedides que pose un ratiño para que o podades debuxar. Observade ben todos os detalles. Collede un lapis e un folio e a debuxar. Cando o teñades rematado o pintades e logo pedídeslle a mamá ou a papá unhas poucas de lentellas e facédeslle un marco con elas, ides pegando unha a unha ata rematar o borde do folio para que quede nun bonito cadro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario