jueves, 14 de julio de 2016

MÚSICA MAESTRO!

Un curso enteiro xa pasou. Días e días de traballo escolar, ducias de actividades, proxectos, ensaios....amigos e amigas, profesorado, familiares, coidadoras...grazas por poder compartir con alegría momentos importantes das nosas vidas.

miércoles, 13 de julio de 2016

MÚSICA E MATEMÁTICAS: O CANON DO CANGREXO DE J:S: BACH

CANON é unha composición musical onde un mesmo tema serve á vez como melodía e como acompañamento.

PALÍNDROMO é unha frase, palabra ou número que se le igual ao dereito que ao revés. se é un número tamén se coñece como capicúa.

Unindo estes dous conceptos Johann Sebastian Bach consigue unha das súas mellores composicións máis complexas e máis divertidas, coñecida como "O canon do cangrexo" onde o acompañamento interpreta as mesmas notas ca melodía principal pero en sentido contrario (do final ao principio)

Este canon (palíndromo musical) está incluído na  obra "Ofrenda Musical BWV 1079 escrita en 1747 o extraordinario reside en que J.S. Bach o compuxo un século antes de que os matemáticos formularan este concepto (1858)