miércoles, 1 de noviembre de 2017

DANZA MACABRA DE CAMILLE SAINT-SAÉNS

Que mellor momento para escoitar a Danza Macabra de  Camille Saint-Saëns que o Samaín.
A Danza Macabra é un poema sinfónico composto por Camille Saint-Saëns, director de orquestra, organista e pianista francés.
Un poema sinfónico é unha peza de música orquestral baseada nun "programa", é dicir nun escrito que se dá ao público antes de escoitar a obra. A Danza Macabra é unha das composicións máis populares do autor, a obra estrenouse en Paris en 1875, describe á morte tocando o violín á medianoite. Os esqueletos bailan ao redor das tumbas. Ao mencer co canto do galo os mortos volven ás súas tumbas.
A danza Macabra é interpretada por un violín concertino, acompañado por unha orquetra cuxa sección de vento está composta por un frautín, dúas frautas, dous óboes, dous clarinetes, dous fagots, catro trompas, dúas trompetas, tres trombóns e unha tuba. A sección de percusión inclúe timbal, xilófono, bombo, pratos, e triángulo. Na sección de corda hai violíns, violas e un arpa.