miércoles, 18 de abril de 2018

CONCERTO DIDÁCTICO 2018: A VOLTA AO MUNDO EN 80 NOTAS

A escola e a banda municipais de Música de Lugo deleitaronnos con un divertido e ameno concerto didáctico  tilulado A volta ao mundo en 80 notas
A banda Municipal percorre a música de diferentes países a través dunha viaxe que comenza en Galicia, coa finalidade de que o alumnado coñeza os instrumentos e os seus sons dunha maneira próxima e lúdica. Trátase dun conto musical que narra a historia dunha parella, que un día tomando café na Praza Maior, decide facer unha viaxe polo mundo adiante, partindo do aeródromo de Rozas en avioneta, para coñecer un sinfín de países coas súas culturas. Percorren: Galicia, Escocia, Inglaterra, Italia, Austria, Hungría, Rusia, Japón, Polo Norte, Estados Unidos, Caribe, México, Brasil, Argentina, Polo Sur e Africa para acabar regresando a España .