martes, 14 de abril de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA OS NENOS E NENAS DE 6º

Ola nenos e nenas! Aquí vos deixo propostas de actividades complementarias as que iremos facendo a través de Edixgal.
 Para coñecer a un xenio da música: Beethoven
 Para cantar e tocar co soso corpo: Si ma ma Ka Scola
Para recordar os instrumentos: A familia da corda  
Para recordar a escala: A escala ascendente e descendente

 Para cantar coa familia: Himno a la esperanza. Los secretos
 Para cantar e bailar con todos os da casa: Pousa pousa
Para cantar e bailar: O baile de Noró de Xabier Díaz

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA OS NENOS E AS NENAS DE 5º

Ola, mozos e mozas! Aquí vos deixo propostas de actividades complementarias ás que iremos facendo a través de Edixgal
 Para coñecer a un xenio da música: Mozart
 Para recordar as familias de instrumentos: A familia da corda
 Para recordar a escala musical: O rock do pentagrama
 Para cantar coa familia: Himno a la esperanza. Los Secretos
 Para cantar e bailar con todos os da casa: Pousa, pousa
 Para cantar e bailar: O baile de Noró de Xabier Díaz
 Para cantar e tocar co noso corpo: Si ma ma Ka Scola

lunes, 13 de abril de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA NENOS E NENAS DE 4º

Ola, nenos e nenas! Comezamos o mes de abril con actividades musicais moi divertidas para cantar, bailar, aprender, facer ritmos, tocar, recitar e disfrutar coas vosas familias. Despois dos vídeos de música, tamén van propostas de plástica para que non deixedes de debuxar e  de pintar.
 A vida de Vivaldi
 Exercicio de Ritmo
 Escala musical
Máis ritmo


 Os instrumentos de corda
 Canción con pictogramas: Rock do pentagrama
Canción: Eu teño alguén
Propostas de plástica:
1º.- Asomate á ventá da túa casa, observa, logo colle un folio, lapis e goma e debuxa todo o que ves (casas, calle, campo, árbores..) logo pinta con colores alegres e divertidos, cando remates, gardao para cando nos vexamos .
2º.- Busca na casa a planta máis bonita e máis grande que teñades (se non hai plantas, inventa ti unha), primeiro a debuxas, logo a pintas e por último con cousas que atopes pola casa (lentellas, papeis...) faille un marco. Cando remates, gardaa para cando nos vexamos.

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA OS NENOS E NENAS DE 3º

Ola, nenos e nenas! Aquí temos varias propostas de actividades musicais para realizar dende a casa e compartir e disfrutar coas familias. Empezamos practicando coa frauta (para non olvidar as notas que aprendimos), seguimos con exercicios de ritmo, a escala musical e tamén unha bonita canción. Despois dos vídeos de música varias propostas de plástica para desenvolver a nosa imaxinación e creatividade.

  Frauta:si, la, sol  
Xogo musical
 Audición: A primavera de Vivaldi
Ritmo: Negras, corcheas, silencio
Escala musical
Canción: Marcho que teño que marchar. Magín Blanco  
Propostas de plástica:
1º.- Mentras escoitas a "Primavera " de Vivaldi debuxa nun folio todo o que che suxire esa música (intenta recordar que pasa na primavera, que lle sucede á natureza, os paxaros... procura ser orixinal e creativo) despois pinta o debuxo e cando remates, gardao para cando nos vexamos.
2º.- Asomate á ventá da túa casa, observa todo o que ves e intenta plasmalo nun folio, unha cartulina ou algún cartón que atopes pola casa, logo pinta, se queres tamén podes pegar cousas (papeis de colores, papeis de xornal ou de revistas) Cando remates gardao.

XOGOS MUSICAIS PARA OS NENOS E AS NENAS DE 1º E 2º

Ola, nenos e nenas! Comezamos o mes de abril, cantando, aprendendo e xogando. Temos aquí todas estas propostas para que  compartades e disfrutedes coa familia!
  Xogo musical
 Audioconto: "La primavera" de Antonio Vivaldi
Facemos Ritmo
  Os instrumentos de vento
Canción: Pan de millo