lunes, 13 de abril de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS PARA OS NENOS E NENAS DE 3º

Ola, nenos e nenas! Aquí temos varias propostas de actividades musicais para realizar dende a casa e compartir e disfrutar coas familias. Empezamos practicando coa frauta (para non olvidar as notas que aprendimos), seguimos con exercicios de ritmo, a escala musical e tamén unha bonita canción. Despois dos vídeos de música varias propostas de plástica para desenvolver a nosa imaxinación e creatividade.

  Frauta:si, la, sol  
Xogo musical
 Audición: A primavera de Vivaldi
Ritmo: Negras, corcheas, silencio
Escala musical
Canción: Marcho que teño que marchar. Magín Blanco  
Propostas de plástica:
1º.- Mentras escoitas a "Primavera " de Vivaldi debuxa nun folio todo o que che suxire esa música (intenta recordar que pasa na primavera, que lle sucede á natureza, os paxaros... procura ser orixinal e creativo) despois pinta o debuxo e cando remates, gardao para cando nos vexamos.
2º.- Asomate á ventá da túa casa, observa todo o que ves e intenta plasmalo nun folio, unha cartulina ou algún cartón que atopes pola casa, logo pinta, se queres tamén podes pegar cousas (papeis de colores, papeis de xornal ou de revistas) Cando remates gardao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario