jueves, 7 de mayo de 2020

ACTIVIDADES MUSICAIS 4º. MES DE MAIO

Ola, mozos e mozas! Ánimo que xa queda menos para que todo se normalice, mentras tanto imos facendo actividades musicais para repasar, aprender e disfrutar cantando, bailando e tocando. Empezamos o mes de maio aprendendo cancions da nosa terra, cancións populares que debemos coñecer e ter sempre presentes no noso repertorio. Hay vídeos para recordar as figuras, as notas, tocar con percusión corporal, bailar e tamén para tocar a frauta, para que  toquedes as cancións que xa sabemos e algunha máis que intentaremos aprender. Na parte da abaixo, despois dos vídeos, estará unha proposta de plástica

A proposta de plástica é a seguinte: toca facer un retrato, pero...de un animal de compañía que teñades na casa: un can, un gato, un peixe, unha galiña, unha cabra...o que teñades máis preto, se non tedes, o do veciño, de unha amiga...Colledes un lapis e un papel e o debuxades, logo hai que pintalo para que quede ben chulo e despois lle facemos un marco con lentellas, pegamos lentellas ao redor do folio para que o cadro quede ben bonito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario